Colección Q
Esgotado

Demo de dente!

Pep Bruno & Amrei Fiedler

ISBN 978-84-9871-467-8

15,50

Este producto está agotado.

Un dente que se move

e nos amola, ao comer, ao falar…,
pero non hai maneira de que caia:
aí segue como se tal cousa!


Descripción

Un dente que se move

e nos amola, ao comer, ao falar…,
pero non hai maneira de que caia:
aí segue como se tal cousa!

Ás veces, todo resulta moi sinxelo:
dáslle un bocado a unha mazá e, de súpeto, zas!,
esa moa que se movía, cae.
Estás en clase de matemáticas
e, ao facer unha multiplicación, zas!,
ese dente que abaneaba, cae.

Pero outras veces, como ocorre neste libro, non é doado, nin moito menos. Para estes casos difíciles, o escritor Pep Bruno e a ilustradora Amrei Fiedler presentan unha serie de propostas divertidas, imaxinativas e un tanto surrealistas, que non garanten ao cento por cento que o dente acabe caendo, pero si gargalladas.

Estamos ante un manual literario e gráfico para que os nenos enfróntense, con ousadía e sen complexos, a esa etapa difícil e pouco agradable da caída dos dentes de leite. Para iso, como sempre, non hai nada mellor que refuxiarse no humor.

Así, hai métodos clásicos como atar un fío ao dente e, polo outro extremo, ao pomo dunha porta, á espera de que alguén abra a porta e, tachán!, se leve o dente; ou máis románticos, como darlle un bico a alguén; ou científicos, nos que se aplica o principio de Arquímedes.

O favorito de Amrei Fiedler é o “Entretido”, baseado nun circuíto (pezas de dominou, bólas, péndulos…), cuxo desenlace consiste nun martelo que dea directamente sobre o dente en cuestión.

Deste xeito, Demo de dente! non é só un hilarante abanico de estratexias, cada cal máis esmendrellante, para acabar co molesto baile dun dente. Este manual convértese tamén en fonte de inspiración para outros enxeñosos usos, como apunta a propia ilustradora, a quen lle gustaría construír “unha máquina como a do Método Entretido pero cunha función diferente, como un reloxo espertador ou unha máquina para alimentar gatos”. 

O que revelan as palabras de Amrei Fiedler é a facilidade para que calquera lector se senta identificado con algunha das propostas desta completa guía, resultado dunha “procura exhaustiva” de Pep Bruno, xunto ao seu fillo.

“Preguntamos a amigos e inimigos, consultamos libros, viaxamos a outros continentes e sobre todo, probamos un tras outro, en nosas propias carnes, os diversos métodos dos que tivemos noticia”, relata o escritor, co mesmo humor que rezuma o conto.
 

En definitiva, unha investigación que o lector pode gozar, xunto a unhas ilustracións, realizadas con pequenos pinceis e acrílicos, cheas de curiosos detalles que invitan a novas e divertidas lecturas, sobre todo se nos paramos a observar os cadros que aparecen recorrentemente nas súas páxinas. “Ensinan detalles da miña vida”, descobre sobre eles a artista alemá, quen precisa que algúns, como os pingüíns ou os robots, son “pequenos agasallos secretos” para os seus amigos.

Aínda que Demo de dente! é a súa primeira colaboración con OQO, xa ten no seu haber libros editados e premios polas súas ilustracións. Unha característica dos seus traballos é que sempre aparecen gatos, seguro que tamén neste: Queres comprobalo?

 

Texto de Pep Bruno

Ilustracións de Amrei Fiedler

Tradución do castelán de Marisa Núñez