Colección FOQO
Esgotado

Cobertor de estrelas

Ricardo Lísias & Itziar Ezquieta

ISBN 978-84-96573-11-6

18,50

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 16x24 cm
  • Publicación novembro 2005

No labirinto da cidade, o meniño debe protexerse dos grandes, escorrentar os fantasmas, procurar comida… Agarda que a maxia da palabra cambie as cousas, e que a noite non sexa tan fría. Pero mentres existan as desigualdades sociais, e mentres haxa ignorancia e miseria na terra, libros coma este non serán inútiles.

Descrición

Cobertor de estrelas trata de maneira literaria, os problemas dos nenos abandonados nas rúas brasileiras. Á marxe da sociedade e sen vínculos familiares, a súa infancia transcorre na rúa, alí dormen, brincan, rouban e tentan defenderse dos perigos que os espreitan. Esa é a realidade retratada en Cobertor de estrelas, un libro escrito desde a óptica dun meniño da rúa que quere aprender a escribir. Grazas a esta ilusión, o pequeno recobra as esperanzas de saír da pobreza e mais da violencia que o rodean.

Nesta novela de aprendizaxe, fronte á noite adversa, Ricardo Lísias, loita con solidariedade e, sobre todo, con xogos e soños, na procura dunha saída liberadora a través da cultura, do traballo e do amor. O libro foxe dos preconceptos, nun loable esforzo por explicar que os meniños da rúa non son tan distintos do resto dos nenos.

Nunha edición belamente ilustrada pola artista galega Itziar Ezquieta, Cobertor de estrelas fica convertido nun libro de lectura obrigada, tanto pola súa beleza estética e literaria como polo seu valor de testemuño social.

Texto de Ricardo Lísias

Ilustracións de Itziar Ezquieta

Tradución do castelán de Antón Fortes