Colección
Esgotado

Celestino Tarambainas

Marisa Núñez & Mariona Cabassa

ISBN 978-84-934499-0-2

14,00

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 64 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 15x20 cm
  • Publicación xullo 2005

Celestino vive nun alpendre ao pé do río, fai castelos de xeo, abraza as árbores e dorme baixo as estrelas. A súa única compañía é Rosamunda, pequena como unha libélula e case transparente. Pero un día Celestino está de mal humor e Rosamunda desaparece…

 


Descrición

Celestino vive nun alpendre ao pé do río, fai castelos de xeo, abraza as árbores e dorme baixo as estrelas. A súa única compañía é Rosamunda, pequena como unha libélula e case transparente. Pero un día Celestino está de mal humor e Rosamunda desaparece…

 

Esta historia preséntanos a realidade desde unha perspectiva fantástica, e a través dos ollos dun home incomprendido e solitario. A fantasía do protagonista bate con observadores implacables aos que, pese ás súa boas palabras, tanto lles ten o que lles pase aos máis débiles. Pero no fondo, os personaxes do conto non son máis que o espello dunha sociedade hostil, que rexeita todo aquilo que é diferente.

Esta historia tamén fala da bondade, da amizade e dos soños. Dunha maneira sinxela e cordial, evoca a mirada limpa dos nenos, que tantas veces é manipulada polos adultos sen ningunha xustificación. Celestino Tarambainas non se esgota na primeira lectura. É un relato que busca provocar preguntas, e tamén unha historia que nos axuda a comprender a necesidade de tenrura e consolo das persoas diferentes a nós.

 

As ilustracións sempre suxestivas de Mariona Cabassa resultan cálidas e frescas, ao tempo que complementan á perfección o ton poético do libro.

 

TERCEIRO PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2006, outorgado polo Ministerio de Cultura

 

 

Texto de Marisa Núñez

Ilustracións de Mariona Cabassa