Colección nanOQOs

CARACOIS

Armando Quintero & André Letria

ISBN 978-84-9871-062-5

45,00

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas Caixa con 5 títulos
  • Encadernación cartón
  • Medidas 17x16 cm
  • Publicación setembro 2008

É que son feo, respondeulle Caracol a Caracola cando con ollos fermosos e corniños brillantes, lle preguntou polo motivo dos seus tristes suspiros. Pois a min non mo pareces, contestoulle, e xuntos descubriron a beleza e o valor da amizade.

Unha formiga, de patas lixeiras, e un vermiño serán os seus compañeiros nesta viaxe iniciática, chea de emocións e sorpresas, polos misterios que depara a natureza e o mundo.

Descrición

Atendendo á importancia que teñen os libros ilustrados para o desenvolvemento en idades temperás, abrimos esta colección con especial coidado na selección dos contidos, a presentación das imaxes e a construción literaria.

Cinco relatos breves, relacionados pero independentes, que expoñen temáticas próximas aos prelectores: a exploración do mundo, a contemplación da natureza, o descubrimento da amizade… E con imaxes que presentan situacións e personaxes cos que é fácil identificarse e experimentar emocións.

A colección NANOQOS ofrece ademais, a posibilidade de familiarizarse coa letra impresa, antes de iniciar formalmente o proceso de lecto-escritura, combinando aprendizaxe e diversión.

Contos para entreterse, pero tamén para ler, contar e conversar; cos que establecer diálogo e accións, os educadores e mais a familia. Unha orixinal proposta que ofrece experiencias tanto estéticas como educativas.

Texto de Armando Quintero

Ilustracións de André Letria

Tradución do castelán de Marisa Núñez