Colección O

Cantas pingas na cidade!

Eva Montanari

ISBN 978-84-9871-152-3

13,50

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 23x25 cm
  • Publicación maio 2009

Despois dun longo sono, espertan e senten curiosidade polo que hai abaixo na cidade. Lánzanse desde as nubes, comezan a caer: unha, dúas, tres…

Coa escusa dunha pequena chuvieira, Cantas pingas na cidade! permite capturar un instante da vida dunha serie de personaxes entrañables e delicados, xusto cando a súa viaxe á terra está a piques de comezar.

Descrición

Texto e imaxes de Eva Montanari recrean cunha especial carga poética, a aventura que emprenden as primeiras pingas (ata 10!) que preceden a unha chuvieira, pequenas pingas que nos pillan por sorpresa e anuncian a chegada de moitas máis.

A autora, que tamén é ilustradora, presenta un traballo plástico de carácter escultórico con diferentes materiais —papel, cerámica…— que resulta moi espectacular, e ocupa con rotundidade a dobre páxina. Moi orixinal é tamén o deseño en sentido vertical do álbum, polo que transitan unha serie de personaxes fantásticos, que malia a súa condición, ofrecen unha cara moi humana e aparecen integrados perfectamente no escenario da cidade.

O texto de Eva Montanari lémbranos a importancia de aprender a divertirse e a gozar das pequenas cousas, mentres que as imaxes recrean para nós un espazo urbano moi especial. O proxecto, no seu conxunto, constitúe por riba, unha moi boa desculpa para se achegar ás matemáticas dun xeito dinámico e divertido.

SEGUNDO PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO 2009, na categoría INFANTIL E XUVENIL, polo Ministerio de Cultura

Texto e ilustracións de Eva Montanari

Tradución do italiano de Antón Fortes