Colección Q

Can de cristal

L. Frank Baum & Pedro Millán

ISBN 84-96573-17-6

14,00

Cantidad:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 64 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 15x20 cm
  • Publicación xaneiro 2006

Un mago que quere que o deixen tranquilo, encárgalle a un soprador de vidro, un can de cristal que manteña afastados os veciños. A cambio da súa obra, ofrécelle unha pinga de «curatodo» que sanda calquera doenza. Como o humilde soprador, aínda que pobre e feo, é un home de ideas, decide gardar a pinga, coa esperanza de cambiar de vida. Pero, atraído polo engado do luxo e da beleza, este personaxe non parará ata que destrúa o seu talento, e desperdicie a súa forza, vencido por la cobiza.

Descripción

Frank Baum (1856-1919) chegou á literatura na madurez, despois de exercer as actividades máis diversas: actor, comerciante, vendedor de louza, xornalista… Aínda que o seu libro máis coñecido é O Mago de Oz, na súa opinión, simplemente se trata doutro conto máis dos moitos publicados. Escritor destro, e dotado dun gran sentido do humor e sensibilidade, buscou na literatura infantil un espazo para transmitir a súa serena sabedoría.

Nesta ocasión e grazas ao manexo hábil da fantasía, o autor logra una narración veraz na que compón un interesante retrato dunha sociedade cargada de prexuízos e convencionalismos. Pola súa parte, os sabios comentarios que introduce no texto actúan como contrapuntos cómicos. Un relato con base na propia vida, que provoca preguntas e trata de evidenciar, dun modo sutil, a inutilidade do culto á riqueza. Un conto divertido, escrito cunha linguaxe sinxela e directa, personaxes ben debuxados e un fío argumental tenso que atrapa o lector, como a mirada do enigmático can de cristal.

A edición de OQO Editora desta obra é a primeira que se realiza para o mercado galego, desde que o autor norteamericano a publicara por primeira vez nos Estados Unidos en 1901, dentro da obra American fairy tales.

Nas ilustracións, Pedro Millán aposta por unha estética que xoga coa imperfección e o inacabado, e mais coas imaxes suxestivas para conseguir frescura. Os personaxes do conto móvense como nos debuxos animados, ou como no billar, onde o bater dunha bólas con outras xera máis movemento. Por último, as texturas e as calidades da colaxe, a contrastaren cos espazos clásicos, contribúen a crear unha escenografía profundamente teatral.

Texto de L. Frank Baum, en versión galega de Paco Liván

Ilustracións de Pedro Millán