Colección Q

Camiños sen nome

Anna Castagnoli

ISBN 978-84-96788-75-6

13,50

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 32 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 20x15 cm
  • Publicación xuño 2007

Un pardal nun campo nevado deserto, unha tartaruga que camiña lentamente polo xardín, unha estrela fugaz, unha araña que lanza o seu primeiro fío de prata… Non todos os camiños teñen nome. Pero con orellas de morcego ou con orellas submarinas e con palabras de colibrí, podemos oír e cantar a poesía das pequenas cousas que nos rodean.

Description

Prosa poética, linguaxe directa e palabras sinxelas para unha voz melancólica que lembra a infancia. Trátase da voz dun adulto que anima os nenos a escoitaren con orellas de bucina, a abriren os ollos e prestaren atención aos camiños sen nome.

Camiños silenciosos, como unha estrela fugaz que cae, como unha araña que lanza o seu primeiro fío de prata ata a póla máis alta, como unha garza que traza unha liña no ceo, no seu voo cara ao norte… Anna Castagnoli crea un discurso harmónico de gran calidade plástica e literaria.

No marco dunha atmosfera misteriosa e engaiolante, a autora convida o público lector a reparar en todos eses pequenos detalles que o rodean. Pero ademais, para os nenos, a percepción temperá da lírica, sempre resulta de moita utilidade para reforzar o seu proceso de maduración intelectual.

As imaxes engarzan perfectamente coas palabras, e colaboran a crear un universo paralelo de detalles, símbolos, metáforas e poesía dentro do noso mundo cotián. De repente, pousamos a mirada nas pequenas cousas que temos preto, e descubrimos que son as únicas importantes.

Texto e ilustracións de Anna Castagnoli

Tradución do italiano de Manuel Darriba