Colección

Caderno de animalista

Antón Fortes & Maurizio A. C. Quarello

ISBN 978-84-9871-064-9

19,00

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x35 cm
  • Publicación outubro 2008

As señoritas de Avignon reconvertidas en mandrís; a sex symbol Mae West (Dalí), en león; as bailarinas de Degas, en flamengos sometidos a duros ensaios para alcanzar a fama… Un paseo pola pintura do último século, revisitada con humor e ironía, desde unha perspectiva singular: o reino animal.

 


Descrición

As señoritas de Avignon reconvertidas en mandrís; a sex symbol Mae West (Dalí), en león; as bailarinas de Degas, en flamengos sometidos a duros ensaios para alcanzar a fama… Un paseo pola pintura do último século, revisitada con humor e ironía, desde unha perspectiva singular: o reino animal.

 

Ensinar a mirar, espertar a nosa curiosidade por obras xeniais, vangardas e individualidades relevantes da arte, nun diálogo coa ficción literaria é o que nos propón este Caderno no que protagonistas insólitos, inspirados en obras emblemáticas dos dous últimos séculos, son quen de producir sensacións e significados novos.

 

Sorprenderémonos descubrindo os amantes de Klimt como líricos tigres-noivos, á Marilyn (Warhol) multiplicándose como un camaleón narcisista, ou á atormentada e inconformista mona Chita, xubilada do espectáculo, protagonizando O Ouveo de (Munch). Con bufanda vermella e abrigo negro, atoparemos a Aristide Bruant, famoso escribán lapón, cantándolle no Ambassadeurs de París á súa paxara idolatrada, quizais baixo a mirada atenta do mestre Toulouse-Lautrec e dos papagaios, clientes habituais do cabaré. A Maja (vestida ou espida), reencarnada en ovella, contaranos, sen pudor, as últimas murmuracións da prensa rosa…

Magritte, Botero, Klee, Mondrian, Brancusi… Stein, Joyce, Curros… teñen unha débeda con este Caderno? Pintura e literatura fronte a una fauna diversa para achegarnos ao mundo da arte con outra mirada.

 

SEGUNDO PREMIO AO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2008, outorgado polo Ministerio de Cultura

 

 

Texto de Antón Fortes

Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello