Colección O

As pousadeiras do Rei

Raquel Saiz & Evelyn Daviddi

ISBN 978-84-96788-93-0

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación outubro 2007

O rei dispoñíase a almorzar, como todos os días, no seu comedor real; e, ao sentar no trono… cravou un alfinete no cu! —Ai! Ai! Ai! —queixábase, suplicando axuda. Pero ninguén se atrevía a tocarlle as pousadeiras ao rei.

Descrición

Desmitificando os costumes e os hábitos de palacio, Raquel Saiz constrúe un texto áxil, sinxelo e divertido, moi apropiado para os máis pequenos. Con enxeño e gran sentido do humor, amósanos a cara máis absurda duns nobres que por mor do seu rango, non son capaces de resolver un asunto tan sinxelo como o de lle quitar ao rei un alfinete do cu.

As ilustracións de Evelyn Daviddi presentan unha simpática sucesión de personaxes que se van acumulando ao longo da historia. Deste xeito, con cada escena refórzase aínda máis o carácter cómico do texto, e recréase con humor e ironía, o absurdo da situación.

Texto de Raquel Saiz

Ilustracións de Evelyn Daviddi

Tradución do castelán de Marisa Núñez