Colección
Esgotado

A vaca Condesa

Juan A. Belmontes & Evelyn Daviddi

ISBN 978-84-9871-379-4

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación abril 2012

Andaba soa polo prado. Remoía noite e día, día e noite. Todos estaban preocupados: —Se segue así de revirada… a vaca Condesa vai perder a cabeza!

 

Alarmados pola situación, todos os amigos da vaca Condesa se reúnen e deciden elixir o merlo como interlocutor e que sexa el quen lle pregunte cal é o motivo da súa aflición:

 

—É que me picou no cu o tabán, o moi salvaxe… revélalle enfadada.


Descrición

Andaba soa polo prado. Remoía noite e día, día e noite. Todos estaban preocupados: —Se segue así de revirada… a vaca Condesa vai perder a cabeza!

 

Alarmados pola situación, todos os amigos da vaca Condesa se reúnen e deciden elixir o merlo como interlocutor e que sexa el quen lle pregunte cal é o motivo da súa aflición:

 

—É que me picou no cu o tabán, o moi salvaxe… revélalle enfadada.

 

Achado o problema, a solución aventúrase rápida. Non é así. A partir deste momento comeza unha concatenación de causas coas que se descobre por que a vaca Condesa non lle dá ao rabo, non dá leite, non fai bostas grandes para facer esterco…

 

O ecosistema está composto por unha serie de elos (os seres vivos). Todos están interconectados entre si e co medio natural. Se un deixa de cumprir a súa función, o equilibrio e a cadea rompen.

 

E isto é o que lle recordan á vaca Condesa os personaxes que acoden a resolver as súas queixas: o tabán pícaa, o pastor non a mira e só moxe a ovella, o can Canelo non deixa de ladrarlle… No entanto, existe un motivo que subxace como orixe principal da súa apatía.

 

As intervencións do tabán, a ovella, o granxeiro Brais e o can Canelo, axudarán a coñecer o que lle ocorre á protagonista. Con todo, son especialmente claves na historia os paxaros.

 

Nos contos, as aves adoitan simbolizar a liberdade e tamén a axuda. Así, neste relato o merlo é o primeiro en armarse de paciencia e atreverse a preguntarlle á vaca Condesa o que lle ocorre.

 

Pola súa banda, o cuco é quen advirte o que verdadeiramente lle preocupa. Grazas á súa perspicacia desenmascárase que a nosa protagonista máis que enfadada, estaba triste:

—Non te lamentes, Condesa! Xa brúas, dás leite e turras.

A que vén esa cara?

 

 

Os contos non só estimulan a fantasía, senón que cumpren unha función terapéutica porque axudan a canalizar os sentimentos. Cando o neno le ou escoita que, por fin, a vaca sorriu, xa que necesitaba aloumiños coma todos de cando en vez, poderá de súpeto recoñecerse a si mesmo ou recoñecer esta urxencia de afecto no outro e, como nesta historia, resolvelo.

 

Este é un relato sobre a importancia do afecto: o dun cara a si mesmo e o da nosa contorna. Ambos son imprescindibles.

 

Á ilustradora Evelyn Daviddi atrapouna o ton irónico e divertido da historia e descubriu no texto de Juan Alfonso Belmontes unha “mensaxe oculta” que “demandaba unha interpretación con sensibilidade”.

 

A protagonista é unha vaca, á que Daviddi cos seus xestos, rostro e cores conseguiu dar expresividade humana: zapatos de tacón en lugar de pezuños, peiteado Bob, medias de malla…

 

A ilustradora centrouse na cara de Condesa para transmitirlle ao lector a súa tristeza, o seu anoxo e soidade… alternando melancolía e dozura.

 

Daviddi elixiu a colaxe para humanizar a protagonista, “coma se cada páxina deste libro fose unha caixa chea de recordos e memorias”. A mesma intención mostra na mestura de cores cálidas (beixe, terra, ocre) con vermellos e rosas; ou na combinación de estampados de lunares cos de flores: “ofrecer delicadeza e candidez ao mesmo tempo”.

 

A artista admite a procura dunha dobre lectura nas súas imaxes. Unha, divertida, a través da “expresividade” dos animais e as cores e texturas de “escenarios surrealistas”. Outra, emotiva e tenra, a través da vaca Condesa que solicita —do mesmo xeito que todos nalgún momento da vida— unha mirada de aprobación.

 

Texto de Juan Alfonso Belmontes

Ilustracións de Evelyn Daviddi

 

Tradución do castelán de Laura Rubio