Colección

A sesta dos Enormes

Pep Bruno & Natalie Pudalov

ISBN 978-84-9871-307-7

16,00

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 56 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 22x28 cm
  • Publicación febreiro 2011

Os Enormes foron pasar o día na praia. Saltaron as ondas, fixeron castelos de area, buscaron cunchas e xogaron co papaventos. Cando chegou a hora da comida, os cinco sentaron baixo o parasol e, nun abrir e cerrar de ollos, devoraron os bocadillos. Entón Papá dixo: —Agora imos durmir a sesta. Grande, Mediano e Pequeno deitáronse nas toallas. Pequeno queixouse: —Non podemos durmir se non nos contas un conto.

 


Descrición

Os Enormes foron pasar o día na praia. Saltaron as ondas, fixeron castelos de area, buscaron cunchas e xogaron co papaventos. Cando chegou a hora da comida, os cinco sentaron baixo o parasol e, nun abrir e cerrar de ollos, devoraron os bocadillos. Entón Papá dixo: —Agora imos durmir a sesta. Grande, Mediano e Pequeno deitáronse nas toallas. Pequeno queixouse: —Non podemos durmir se non nos contas un conto.

 

Os nenos sempre lacazanean á hora de durmir, sexan da familia dos Enormes, ou dos humanos. Ante estas situacións, un conto é o mellor aliado. Con todo, non a todos nos atrapa a mesma historia e cómpre personalizalas e adecuar o relato ao interese de cada un: Por que hai ondas no mar? Por que os peixes son de cores? Quen cura os animais do mar? ou Por que as nubes teñen formas? Pep Bruno ?colaborador habitual de OQO editora (A cabra boba, Libro de contar, Pétala,A noite das mudanzas e A casa da miña avoa)? conta nesta cuádrupla adaptación coa brillante colaboración das ilustracións de Natalie Pudalov.

 

Na súa segunda colaboración con OQO editora, tras A voda do Galo Pinto, a artista rusa, aínda que residente en Israel, reforzou e salientou a imaxinación, humor e ironía do texto. Para iso, fixo uso das súas habituais ilustracións coloristas e despregou a súa talentosa creatividade co obxecto de enriquecer tanto os grandes como os pequenos personaxes con minuciosos e divertidos detalles.

Pudalov non ocultou os seus esforzos “ata o límite” por proporcionar nas súas imaxes solucións metafóricas ao relato, o que deu como resultado ilustracións tan preciosas como imposibles, non así na súa imaxinación sen límites. Deste xeito, regálalle ao lector metamorfoses tales como a conversión do Xigante Mariño nun ser tan diminuto que queda durmido na landra dun piñeiro. O relato de Pep Bruno alterna o plano real (Papá Enorme na praia contándolle contos á súa familia mentres un a un van quedando durmidos) e o ficticio (a recreación minuciosa de cada historia para Grande, Mediano e Pequeno). As ilustracións tamén entran neste xogo a través dunha dualidade cromática: azuis, verdes mariños e turquesas para o primeiro estadio e todo un abano de cores para o mundo onírico onde calquera paleta e tamaño é posible. A pesar desta fronteira cromática, o resto do conto ofrece unha “confusa” liña entre o real e o ficticio.

Dun modo deliberado, a ilustradora empraza así o lector a ser partícipe dunha especie de xogo. As ilustracións fanlle chiscadelas a un lector cómplice e atento, capaz de descubrir, por exemplo, como a personaxe dun dos contos de Pai Enorme, Pilula, é idéntica, canto á súa caracterización, a Nai Enorme.

Posto que Pep Bruno coida moito os detalles nas descricións da historia, a ilustradora viu necesario que as ilustracións non fosen unha interpretación directa do relato. Xa que logo, apostou por imaxes que estimulasen o pensamento e a curiosidade do lector, máis que revelasen o texto. A todo este traballo, sumou a súa conseguida pretensión de “inxectarlle unha dose de humor” ao texto. Deste xeito, o lector gozará topándose con divertidas estampas como as que ofrece o picapeixe que ten un caracol como animal de compañía. En definitiva, un álbum cheo de contos e fantasía, ingrediente sempre imprescindible. E isto sábeo Pai Enorme e todos os pais do mundo.

 

 

Texto de Pep Bruno

Ilustracións de Natalie Pudalov

Tradución do castelán de Laura Rubio