Colección O

A guerra dos Números

Juan Darién

ISBN 978-84-9871-154-7

14,00

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación xuño 2009

UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.

 


Description

UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.

 

Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos á loucura das guerras orixinadas por mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza. Esta obra dedícase a desarmar semellante falacia e pon o acento en afirmar que o coñecemento dos outros enriquece e engrandece: non resta, suma.

 

Darién fai unha proposta iconográfica de marcada ambientación bélica a través dunha técnica de representación —colaxe dixital— de estrutura simple e formas primarias, multiplicadas baixo os efectos dun tratamento plástico-construtivo tan elemental como efectivo desde o punto de vista cromático.

 

Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos…, pero tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos.

 

Para iso, faise uso dun expresivo xogo tipográfico reservado aos personaxes principais, o que reforza a comprensibilidade dunha proposta que tenta tamén achegar conceptos matemáticos a lectores pouco avanzados e que, en calquera caso, nos permitirá gozar dunha disciplina que se vai comprendendo a medida que se fai uso dela.

 

E todo nun envoltorio repleto de valores universais como a liberdade, a paz, e o respecto aos demais e á diferenza.

 

CJ 1st Picture Book Awards. PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2008

 

Texto e ilustracións de Juan Darién

 

Tradución do castelán de Marisa Núñez