Colección O

A cousa que máis doe do mundo

Paco Liván & Roger Olmos

ISBN 978-84-9871-472-2

13,50

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación marzo 2016 - Reimpresión

Description

 

A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, expertas en ca…case todo tipo de cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.

 

A hipótese que formula a lebre, «o que máis doe do mundo é a mentira», ficará demostrada nun relato fantástico e divertido que provocará no lector, ademais dalgunha gargallada, a reflexión e unha resposta emocional.

 

Durante séculos, en moitos poboados de África, os contos cumprían unha función similar a dunha primeira escola. Segundo a súa orixe, as historias posúen un estilo propio, e os contos tradicionais africanos caracterízanse por presentaren un contido simbólico, e por atesouraren coñecementos e sabedoría ancestral. Adoito, se expoñen neles meditacións cosmolóxicas e filosóficas sobre a vida, se lembran valores esquecidos, ou como neste caso, se trata de educar os individuos transmitíndolles unha ensinanza.

 

A hiena, que encarna aquí o carácter hipócrita e ruín dalgúns seres humanos, experimentará na súa pel o amargo sabor da mentira.

 

O ilustrador Roger Olmos complementa este divertido exercicio de escritura con personaxes expresivos, hiperbólicos e cargados de humor. Trazo preciso e seguro, é canto necesita para nos presentar a súa visión persoal dunha historia que, nos aproxima á palabra, ao pensamento e á herdanza cultural de Costa do Marfil.

 

Texto de Paco Liván, a partir dun conto popular
de Costa do Marfil

 

Ilustracións de Roger Olmos