Colección O

A caixa dos recordos

Anna Castagnoli & Isabelle Arsenault

ISBN 978-84-9871-076-2

14,00

Cantidad:
INFORMACIÓN
  • Páginas 40 páxs.
  • Encuadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación xullo 2010

Era unha caixa cunha estrela rota: Non valía moito.

 

O valor dun obxecto reside na carga afectiva que lle atribuímos. Por estes motivos, ao longo do tempo os lazos emocionais que nos atan a eles adoitan variar e o que criamos que non valía gran cousa acaba converténdose en precioso, tal e como lle sucede á nena protagonista desta historia de Anna Castagnoli e Isabelle Arsenault.

 


Descripción

Era unha caixa cunha estrela rota: Non valía moito.

 

O valor dun obxecto reside na carga afectiva que lle atribuímos. Por estes motivos, ao longo do tempo os lazos emocionais que nos atan a eles adoitan variar e o que criamos que non valía gran cousa acaba converténdose en precioso, tal e como lle sucede á nena protagonista desta historia de Anna Castagnoli e Isabelle Arsenault.

 

A caixa dos recordos fainos partícipes desta pequena, pero importante, aprendizaxe vital que dura toda a vida. A narración directa e sinxela en primeira persoa coa que Anna Castagnoli dá voz á protagonista, trasládanos á infancia e á constante renovación de ilusións que se producen nesta etapa.

 

A prosa poética da autora italiana contaxia o optimismo, a sensibilidade e a xenerosidade da protagonista ante outra aprendizaxe: nada nin ninguén nos pertence e hai que saber deixar ir.

 

A nena comprende rapidamente que a bóla, o rotulador de punta fina, tres pedras ás que puxera nome, a folla seca bordada, un paxariño de la e unha pulseira con perlas falsas, pero iguais ás de verdade, que gardaba na caixiña poden recuperar ese significado afectivo noutros, do mesmo xeito que lle sucedeu a ela con esta caixa herdada da súa nai. Os obxectos poden sorprendernos creando en nós un novo sentimento, como ocorre coas persoas, do mesmo xeito que unha perla xorde nunha ostra.

 

Esta evolución-aprendizaxe é evidente nas imaxes da ilustradora canadense Isabelle Arsenault. A presentación realista das primeiras páxinas vólvese cada vez máis surrealista e abstracta a medida que a pequena se desprende dos obxectos e mostra a súa xenerosidade e capacidade para emprender unha nova etapa.

 

“Imaxinei a nena como unha pequena mequeira, rodeada por moitos xoguetes, que realmente non a fan feliz. Ela decide deixar ir todos os obxectos contidos na caixa e isto permítelle máis espazo para a súa imaxinación”, argumenta Arsenault.

 

Deste xeito, co cambio de estilo das imaxes, a ilustradora busca transmitir a transformación “de menos material a máis espiritualidade” que se produce na pequena, agora “máis libre” e con “maior capacidade de evocación”.

 

Arsenault, na súa primeira colaboración con OQO, fai uso da acuarela e a colaxe para dar vida a unha historia que confirma que os afectos, como a enerxía, nunca morren, senón que se transforman.

 

Texto de Anna Castagnoli

Ilustracións de Isabelle Arsenault

 

Tradución do italiano de Anna Castagnoli e Marisa Núñez