Colección O

A bruxa regañadentes

Tina Meroto & Maurizio A. C. Quarello

ISBN 978-84-9871-257-5

14,00

Cantidad:
INFORMACIÓN
  • Páginas 48 páxs.
  • Encuadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación novembro 2017 - 3ª edición

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…

Descripción

Os contos e lendas sobre bruxas constitúen un repertorio vivo e abondoso, practicamente universal. Adoito, os cativos personifican os seus medos en personaxes malvados de aparencia humana. Porén, para gañaren confianza e superaren os temores, nada mellor que escoitaren contos en que os protagonistas triunfen sobre eses seres arrepiantes, produto da imaxinación. O personaxe da bruxa devoradora de nenos que vive nunha casiña no medio do bosque, aparece na tradición oral de moitos pobos (Turquía, Rusia, Europa…) e posúe tamén antigos antecedentes literarios.

A Bruxa regañadentes presenta un carácter híbrido, con elementos narrativos tirados de todas estas culturas. Nesta ousada aventura, o irmán máis novo resultará ser o máis asisado, xa que, só el recoñecerá a casa da bruxa, receará da aparente afabilidade da descoñecida…, e non se deixará levar polos impulsos ou os desexos.

Se no principio do relato, eran os irmáns máis vellos, os que se burlaban do pequeno por consideralo medorento e cativo, no desenlace será el quen, con astucia e intelixencia, tome a iniciativa e afronte a gravidade da situación. O conto conclúe cun final positivo que transmite a idea de que é posible superar os obstáculos.

Texto de Tina Meroto, a partir dun conto tradicional turco-ruso

Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello