Colección Q
Colección Q
Colección Q
Colección Q

A boneca e a castañeira

Roberto Aliaga & Maja Celija

ISBN 978-84-9871-068-7

13,50

Cantidad:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 15x20 cm
  • Publicación novembro 2008

Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e mais cunha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. No Nadal, a avoa monta o posto diante dunha tenda de xoguetes e alí ve, no escaparate, a boneca de porcelana perfecta para a súa neta. Entre as compras, os agasallos… nestas datas todo son présas. Un día, un home que sae da tenda todo apurado, deixa caer un paquete: dentro hai unha boneca de porcelana. A Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba…

Descripción

O Nadal converteuse nunha época para o consumo, sobre todo de xoguetes. Posuír e adquirir bens materiais é a chave do benestar para grandes e pequenos. Pero a felicidade consiste en explorar e crear, antes que en ter, e hoxe moitos xoguetes —como a boneca de porcelana— non están concibidos para que nos divirtamos con eles. O valor dun xoguete está no seu poder para facer voar a imaxinación dos que xogan con el, máis que no seu valor económico. A capacidade simbólica é libre, así que calquera obxecto pode converterse nun xoguete. Vivimos nunha época en que a publicidade nos acosa por todas as partes, e os nenos piden como agasallo o que sae nos anuncios. Pero o texto de Roberto Aliaga vén a recordarnos que hai que consumir con responsabilidade e non mirar para outro lado ante a pobreza e as inxustizas que existen ao noso redor.

A esencia da obra transmítea con forza e sensibilidade, Maja Celija, que crea, maxistralmente, ambientes e espazos a través da cor e as perspectivas.

Texto de Roberto Aliaga

Ilustracións de Maja Celija

Tradución do castelán de Antón Fortes