Filmes

Series de animación, películas, aplicacións interactivas que beben do álbum ilustrado destinadas ao público infantil

¿Qué es OQO Filmes?

O traballo de autores e ilustradores non acaba no libro. Historia e proposta plástica ábrense a novos horizontes que beben do álbum ilustrado para converterse en series de animación, películas, videoxogos, aplicacións interactivas… destinadas ao público infantil.

Baixo estes parámetros nace OQO filmes, proxecto que, tomando como punto de partida o libro, adéntrase na produción de series de animación usando a técnica de animación tradicional Stop Motion.

Animadores de todo o mundo aportan o seu talento a un proxecto que conta xa con tres series de animación e varios recoñecementos internacionais. As series de OQO emitíronse en países como: Arxentina, Finlandia, Francia, China, Polonia, México, España-Galicia, Croacia, Chile ou India.

Never Ending Tales

Never Ending Tales (Os contos do camiño) Serie de 32 capítulos, de 10 minutos de duración cada episodio, corresponde á adaptación dun álbum ilustrado do catálogo editorial de OQO editora. Destinada a un target de 4 a 9 anos, esta serie conta coa colaboración de prestixiosos animadores de diferentes países que fan de “Never Ending Tales” unha orixinal proposta que nos achega a contos de todo o mundo a través de diferentes propostas plásticas e musicais, xa que para cada historia compúxose unha banda sonora orixinal.

Seis das curtametraxes que compoñen esta serie, E que podo facer eu?, A pota que trota, Félix, o coleccionista de medos, A incrible historia da nenapaxaro e o neno terrible, A cousa que máis doe do mundo e A gran viaxe, foron recoñecidas co Premio Especial do Xurado no Festival Brasil Stop Motion 2011. Pola beleza e a calidade das bras, o Xurado decidiu abrir un espazo específico para mostrar estas seis producións de OQO filmes.

Snails

Snails (Caracois) é unha serie de animación que toma como referencia a serie literaria dirixida a prelectores “Caracois”, publicada por OQO editora.

A través de 39 capítulos, de 6 minutos de duración cada un, en CARACOIS visualízase un mundo de relacións infantís desde a perspectiva duns animaliños de xardín. Son a súa forma de vida, as súas relacións, os seus xogos, os seus conflitos, as súas aventuras, a través duns protagonistas cunha psicoloxía predeterminada e precisa, e que encarnan asímismo tipos, os que tecen este mundo complexo e interrelacionado. Aínda que a función de entreter é primordial, cabe na serie unha compoñente “didáctica” que axude o neno a ver, de forma inconsciente, condutas que comportan valores éticos e cidadáns fundamentais.

Cocorico

A serie COCORICO está coproducida por OQO editora e Televisión de Galicia (TVG), baseada no álbum ilustrado do mesmo nome, escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch.

Cocorico é un pitiño revoltoso, inocente e bo; curioso, algo teimoso e con ganas de aprender e probar todo.

A serie conta dunha maneira divertida, didáctica e chea de acción, as aventuras (e desventuras) dun ser pequeno que está a crecer e aprendendo o que é a vida e o mundo que o rodea. Non será todo fácil, nin sempre terá que pasar o que un esperaría. A vida, ás veces, sitúate en encrucilladas inesperadas.

Cocorico tratará de resolvelas da mellor forma posible, en compañía dos seus amigos (o porco Comechón, o rato Mus, o pato Cuá…), coa axuda de Don Cadelo e Mamá Galiña, e contra as ameazas e intromisión dos seus inimigos (o Gato Pelado, a raposa, o gabián Voraz…).

Actualmente consta de 52 capítulos, de 13 minutos de duración cada un. A serie emítese en Televisión de Galicia e distribúese a televisións estranxeiras por PEEK-A-BOO Animation.

O lobo feroz

LOBO FEROZ é unha serie que ten un protagonista que sempre ten fame, aínda que a súa filosofía de vida non lle permite esforzarse moito para satisfacer esa necesidade.

Preguiceiro e folgazán, alentado pola súa contorna, acaba sempre no galiñeiro.

Unha forma rápida de conseguir alimento, que esconde moitos perigos: a granxeira, o can, as galiñas…

Todos os seus plans teñen un final diferente ao planeado, e acaba perseguido, mallado, picado… Pero non perde a esperanza de converterse nun LOBO FEROZ.

Serie en stop-motion de 26 capítulos, de 8 minutos de duración cada un.

Está realizada coa técnica do “cutout”, recortes de madeira, para decorados e personaxes.

Cita por defecto que hai que cambiar a plantilla ou elixir a cita dunha páxina por defecto.

OQO

Un espacio de creación para propuestas innovadoras que invitan a gustar, pensar y soñar con voces, imágenes y palabra