Obradoiros de animación audiovisual de OQO para a Casa Buñuel, en México

Obradoiros de animación audiovisual de OQO para a Casa Buñuel, en México

18/11/2013

Casa Buñuel de México, adscrita ao Instituto da Cinematografía y las Artes Audiovisuales (ICAA), do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, contará, dentro da súa programación, con obradoiros de animación audiovisual de OQO.

 

A Filmoteca da Universidad Nacional Autonómica de México (UNAM) acollerá, do 18 ao 22 de novembro, estas actividades de OQO, que se inclúen entre as primeiras que organiza a Casa Buñuel.

 

Esta entidade, restaurada hai pouco, desenvolve un labor de investigación e formación cinematográfico, en colaboración coa Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM). Ademais, é un lugar de residencia de creadores, investigadores e profesionais deste sector, o que a converte en punto de encontro e difusión das cinematografías iberoamericanas.

 

Para a Casa Buñuel, OQO impartirá os obradoiros “Do álbum ilustrado ao cine de animación”, durante a semana do 18 ao 25 de novembro. Os alumnos crearán unha curtametraxe de animación en stop-motion, a partires do álbum Fume.

 

Esta adaptación permitiralles descubrir que as historias dos libros teñen vida máis aló do papel e que o audiovisual e a literatura escrita/oral non son linguaxes excluíntes; coexisten e enriquécense mutuamente.