EU FALO ASÍ

EU FALO ASÍ

18/02/2011

Pais e fillos participan xuntos en Teo no obradoiro EU FALO ASÍ. As familias afianzan lazos afectivos con xogos, contos e cantos en galego

O municipio coruñés de Teo acolle este venres o obradoiro EU FALO ASÍ. Trátase dunha actividade en familia que reforza os lazos afectivos, permite gozar dun momento divertido, dá a posibilidade de acudir ao galego para enriquecer o vocabulario e, o máis importante, incorporalo á vida cotiá. Asemade, reforza o uso do galego no contexto afectivo, desenvolvendo as competencias oral e escrita.

Este taller ten a súa orixe na canción ‘Cri-cri’ de o libro CD A nena e o grilo, con contos e cancións de Magín Blanco. A partir deste tema as familias xogaron a identificar as distintas linguas da peza (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro…) e o seu idioma principal: o galego.

Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri-cri… eu falo así,
la-la-la-la, la-la-la-la, ti vas falar:
Je parle avec les yeux, tu palres avec le coeur.
Che piccolo è il mondo ma quanti visi ha.
Yo hablo todo el día y hablo sin parar.
Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri-cri… eu falo así,
ié-ié-ié-ié, ié-ié-ié-ié, fale voçé.

Neste obradoiro traballouse tamén co álbum O embigo de Xanecas da colección O de OQO editora. Por este motivo, as familias participantes (con rapaces con idades de entre 3 e 5 anos) serán agasalladas con este libro.

Esta actividade gratuíta realizouse ás 18.00 horas e nela procurouse reforzar o uso do galego no contexto afectivo, desenvolvendo a competencia oral e escrita.

EU FALO ASÍ pon punto e final en Teo as actividades de ‘En clave de conto’, de OQO editora para a campaña Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa que o pasado sábado celebrouse o concerto-espectáculo teatral A NENA E O GRILO, con máis de 300 asistentes.

TEO
OBRADOIRO 18 feb. 2011. 18 h
18 h Mediateca do Grilo, Urbanización Mirasol, s/n Cacheiras
tel. 981 806 400
mediateca@concellodeteo.com