Obradoiros plástico-literarios

Obradoiros plástico-literarios

14/12/2012

Os obradoiros plástico-literarios de ‘Ollobrusco e o labirinto’ volven á Casa del Lector (Madrid). Quen se atreve a burlar ao temible Ollobrusco?

Os obradoiros plástico-literarios de “Ollobrusco e o labirinto” volven á Casa del Lector (Madrid). Quen se atreve a burlar ao temible Ollobrusco? O reto creativo será o venres 14 e o sábado 15 de decembro de 2012, de 11 a 12.30 horas e de 12.45 a 14.45 horas.

 

 

A Casa del Lector, ambicioso proxecto multidisciplinar da Fundación Germán Sánchez- Ruipérez en Madrid, abre de novo as súas instalacións ao orixinal obradoiro plástico-literario de OQO: Ollobrusco e o labirinto.

A partir do álbum da editorial Ollobrusco  (Darabuc & Maurizio A. C. Quarello), OQO levará a cabo actividades creativas ao redor do concepto do camiño e da viaxe, coma un labirinto cheo de probas para chegar a un destino. Nenos e nenas participarán nesta experiencia plástica-literaria, que se executará nestas instalacións ata marzo.

OLLOBRUSCO E O LABIRINTO
Horario:
11.00 a 12.30 horas
12.45 a 14.15 horas
Datas:
Sábado 15 de decembro
Sábado 12 de xaneiro
Sábado 9 de febreiro
Sábado 9 de marzo
Idade recomendada: 6 – 8 anos
Número máximo de participantes:  25
Tipo de actividade: para familias

Ademais de ‘Ollobrusco e o labirinto’, OQO tamén realizará, na Casa del Lector, talleres de animación audiovisual, dirixidos aos más pequenos e pequenas. Nas actividades Eu tamén animo!, nenos e nenas converteranse en animadores, directores, guionistas…para adaptar un álbum ilustrado á linguaxe audiovisual.
 

Deste xeito, descubrirán que unha historia non remata nas marxes dun libro e que hai múltiples formas de contar: neste caso, a través da técnica audiovisual de stop-motion (imaxes en movemento logradas foto a foto).

EU TAMÉN ANIMO!
Horario:
10.30 a 13.30 horas
16.30 a 19.30 horas
Datas:
Xoves 27 de decembro
Venres 28 de decembro
Sábado 19 de xaneiro
Sábado 16 de febreiro
Sábado 16 de marzo
Idade recomendada: 8 – 12 anos
Número máximo de participantes:  15
Tipo de actividade: para familias