“Salon du livre et de la presse jeunesse en Seine-Saint-Denis” en Montreuil

“Salon du livre et de la presse jeunesse en Seine-Saint-Denis” en Montreuil

1/12/2010

OQO participa con expositor propio no “Salon du livre et de la presse jeunesse en Seine-Saint-Denis” en Montreuil (Francia)

OQO editora contará por primeira vez con expositor propio no “Salon du livre et de la presse jeunesse en Seine-Saint-Denis”, que se celebra do 1 ao 6 de decembro de 2010 en Montreuil (Francia).

Máis de 330 editores e miles de libros teñen cabida na edición deste ano, que ten como protagonistas a personaxes emblemáticos dos contos: os príncipes e princesas. Estas figuras literarias tamén serán obxecto dunha exposición.

Ilustradores que colaboran con OQO editora firmarán libros no expositor: C-24 (Primeiro piso).

Xoves 2 decembro
De 15.30 h a 16.30 h
Madalena Matoso:
Quen levou a Lúa?
Bernardo Carvalho:
Mariluz Avestruz
Macario Dromedario

Venres 3 decembro
De 18 h a 19 h
Géraldine Alibeu:
Un gato na árbore

Sábado 4 decembro
De 12 h a 14 h
Joanna Concejo
Fume, Mención White Raven 2009

Domingo 5 de decembro
De 12 h a 13 h
Evelyn Daviddi
Paco Papán
O traseiro do Rei