OQO filmes forma parte do xurado do Festival Internacional Brasil Stop-Motion

OQO filmes forma parte do xurado do Festival Internacional Brasil Stop-Motion

27/11/2012

 

A compañía galega recibiu, na anterior edición, o Premio Especial do Xurado, por seis das súas curtametraxes

 

Marcos López, de OQO filmes, será membro do xurado no Festival Internacional Brasil Stop-Motion 2012, que se celebra desde hoxe
ata o 1 de decembro na cidade de Recife. Na anterior edición, seis curtametraxes da sección audiovisual de OQO foron distinguidos,
“pola súa beleza e a súa calidade”, co Premio Especial do Xurado.

 

Uns 200 filmes, procedentes de 30 países, presentáronse a este festival, único de América Latina dedicado exclusivamente á animación coa técnica de stop-motion (movemento obtido con obxectos tridimensionais ou figuras vivas, captadas foto a foto, creando una secuencia de animación).

 

OQO filmes completará a súa presenza en Brasil con obradoiros teórico-prácticos sobre a adaptación do álbum ilustrado ao cine de animación, que serán impartidos por Borja Guerrero e Marcos López.

 

Os participantes poderán analizar casos prácticos de OQO filmes de adaptación de álbums da propia editorial: A cousa que máis doe do mundo, A bruxa regañadentes, E que podo facer eu?, Os sete cabritos, Loboferoz e A princesa do Caurel. Finalmente, os asistentes terán a posibilidade de realizar a súa propia curtametraxe.