OQO na Casa del Lector (Madrid) – Obradoiro de animación audiovisual ‘Eu tamén animo!’

OQO na Casa del Lector (Madrid) – Obradoiro de animación audiovisual ‘Eu tamén animo!’

23/11/2012

OQO continúa as súas actividades para colexios e familias na Casa del Lector (Madrid). Nesta ocasión, todos poderán crear unha curtametraxe, coa técnica de stop-motion (imaxes en movemento logradas foto a foto).

 

As suxestións de autores e ilustradores non rematan nas páxinas dun libro,os personaxes cobran vida e saltan á pantalla neste obradoiro de OQO ‘Eu tamén animo!’. A partir do conto A escaleira, os nenos e nenas  converteranse en animadores, directores, guionistas… para adaptar un álbum ilustrado á linguaxe audiovisual.

 

Con todos os participantes do taller faranse varios grupos e cada un asumirá a animación dunha secuencia da obra con imaxe e voz. Nestas sesións, os pequenos e pequenas recibirán información sobre as técnicas tradicionais de animación e gravación de son.

 

Horario: de 11:00 a 13:30 h ou de 16:30 a 19:30 h

Datas: Venres 23 de novembro  e sábado 24 de novembro 
Idade recomendada: 8 – 12 anos

Número máximo de participantes: 15

Tipo de actividade: para familias 

Inscricións: 912 061 736 / 912 061 745 / actividades@casalector.es