OQO continúa cos obradoiros de stop-motion no Museo de Pontevedra

OQO continúa cos obradoiros de stop-motion no Museo de Pontevedra

8/11/2012

OQO continúa cos obradoiros de stop-motion no Museo de Pontevedra. En novembro serán para futuros, e actuais, profesionais da animación

O Museo de Pontevedra celebra durante o mes de novembro obradoiros de adaptación do álbum ilustrado ao cine de animación, a través da técnica de stop-motion. Estes talleres teórico práctico están dirixidos a futuros, e actuais, profesionais do sector audiovisual para que dominen esta ferramenta, que lle permite que unha historia salte do papel á pantalla.

 

Estes talleres teórico-prácticos de OQO editora para a Deputación de Pontevedra,  forman parte das actividades ‘Todos podemos animar!’ , coas que nenos, familias e docentes familiarizáronse en outubro coa linguaxe audiovisual e descubriron que un conto non remata nas marxes dun libro.

 

Deste xeito,  tamén se pretendeu dar a coñecer á comunidade educativa (mestres, mediadores, pais e nais…) as posibilidades da animación como recurso didáctico na aula. En todos os obradoiros, os participantes crearon unha curtametraxe en stop-motion, baseada nun conto de OQO.

 

Todas estas actividades non serían posibles sen o dominio na adaptación á linguaxe audiovisual dun conto. Por iso, os obradoiros de novembro ofrecen coñecementos previos, teóricos e prácticos, que os profesionais que realicen estas curtas deben manexar.

 

 

DO ÁLBUM ILUSTRADO AO CINE DE ANIMACIÓN

Para universitarios, artistas e profesionais

Máximo de participantes: 30

Admisión por orde de inscrición en dous grupos de 15

Grupo 1: xoves 8 e 15 de novembro, de 16 a 19 horas

Grupo 1: xoves 22 e 29 de novembro, de 16 a 19 horas

Lugar: Edificio Fernández López. Museo de Pontevedra.

Rúa Pasantería 2-12