Obradoiros gastronómicos

Obradoiros gastronómicos

10/12/2013

O Instituto Cervantes de Istambul (Turquía) acolle os vindeiros días 13 e 14 de decembro os obradoiros gastronómico-literarios de Cociña de contos. Europa a carta,  proxecto liderado por OQO e seleccionado polo Programa Cultura da UE 2007-2013.

 

A partires dun conto tradicional, nenos e nenas, de entre 8 e 12 anos de idade, iniciarán unha viaxe virtual coa que coñecerán a gastronomía de diferentes países europeos e, deste xeito, tamén a súa cultura.

 

A continuación, organizaranse en grupos e, a través dun divertido xogo, amosarán as súas habilidades para elaborar un menú dos que descubriron no obradoiro ou quizais un novo!