Obradoiros de OQO en Circo 2.12 (México): creación de curtametraxes a partir do álbum ilustrado “A escaleira”

Obradoiros de OQO en Circo 2.12 (México): creación de curtametraxes a partir do álbum ilustrado “A escaleira”

26/11/2013
Os obradoiros audiovisuais de OQO forman parte estes días das actividades pedagóxicas e de formación de Circo 2.12, un dos burós de desenvolvemento cultural máis relevantes de México.
 
O programa Contos en movemento divídese en dous grupos: nenos e adultos, co obxecto de que ambos descubran que a animación lectora tamén se pode realizar desde a educación audiovisual.
 
A adaptación do álbum ilustrado de OQO A escaleira permitiralles confirmar que o audiovisual e a literatura escrita/oral non son linguaxes excluíntes, senón que coexisten e enriquécense mutuamente.
 
Os participantes adquirirán criterios e coñecementos para identificar planos, secuencias, estruturas ou reparar no universo narrativo, plástico e sonoro dunha película.