Jack y la Muerte

Jack y la Muerte

30/04/2013

“Jack y la Muerte”, Mención Honorífica nos premios “Los mejores libros para niños y jóvenes 2013”, que outorga o Banco del Libro (Venezuela)

O álbum ilustrado da edición en español de OQO editora Jack y la Muerte (Tim Bowley & Natalie Pudalov) recibiu esta distinción do Xurado de Bibliotecarios do Banco del Libro, institución venezolana, sen fins de lucro, que investiga, experimenta, innova e divulga accións dirixidas a nenos e mozos para a súa formación como lectores.

 

Os premios Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes foron creados como un recoñecemento á calidade e variedade no mercado editorial das publicacións en español.

 

Precisamente, en 2011, esta entidade distinguiu a Caja de cartón (Txabi Arnal y Hassan Amekan) como un dos mellores libros para nenos publicados en Hispanoamérica.

 

O Comité de Avaliación do Banco del Libro expresou a súa intención de que esta distinción a Jack y la Muerte supoña un “estímulo” para que OQO “continúe ofrecendo ao público lector libros de excelente calidade”.

 

Jack y la Muerte é unha versión dun conto tradicional británico A morte atrapada nunha noz, creada polo prestixioso narrador Tim Bowley, con unha ampla e recoñecida traxectoria en Europa e América.

 

Este álbum ofrece una reflexión necesaria, para o público infantil, sobre a morte, sen dramatismos e como algo natural e inherente á condición humana.

 

Neste traballo, a ilustradora Natalie Pudalov crea fermosas metáforas visuais, cunha connotación importante da cor. Asemade, o lector pode gozar das sutilezas e pequenos detalles que esconden as súas imaxes, cos que amplía e complementa a narración que ofrece o texto, á vez que o enriquece con historias paralelas.