INSTITUTO CERVANTES DE BRASILIA

INSTITUTO CERVANTES DE BRASILIA

25/05/2010

INSTITUTO CERVANTES DE BRASILIA (O BRASIL). Obradoiro de animación audiovisual en stop-motion. ‘Lobos e dragóns’

O obxectivo deste obradoiro infantil de OQO editora é facer unha curtametraxe de animación audiovisual utilizando as técnicas de stop-motion e pixelado. Os pequenos e as pequenas daranlles vida con plastilina aos personaxes do conto Loboferoz de OQO editora. Deste xeito, desenvólvese a imaxinación e o humor, ademais de fomentar a reflexión e a creatividade dos participantes.

Esta actividade forma parte do programa ‘Lobos e dragóns’, creado polo Instituto Cervantes e ten como propósito achegar o público infantil e xuvenil á lingua e cultura española de maneira divertida e atractiva.

INSTITUTO CERVANTES DE BRASILIA
‘Lobos e dragóns. Eu tamén animo’
Obradoiro de animación para nenos e nenas de 8 a 12 anos
DÍAS:
26/05/2010
27/05/2010
28/05/2010