ESCOLA DE CINE DE PEQUÍN (A CHINA). Obradoiro de animación audiovisual: ‘Animando contos’

ESCOLA DE CINE DE PEQUÍN (A CHINA). Obradoiro de animación audiovisual: ‘Animando contos’

5/09/2009

OQO editora realizou na Escola de Cine de Pequín un obradoiro teórico-práctico de 3 horas de animación, destinado aos estudantes, aos que se lles explicou polo miúdo o traballo de animación e adaptación de libros infantís a creacións audiovisuais a través da técnica do stop-motion.
Este obradoiro de OQO editora formou parte das actividades deseñadas polo Instituto Cervantes de Pequín e o Instituto de Comercio Exterior (ICEX), con motivo de que España foi o país Invitado de Honra na Feira Internacional do Libro de Pequín 2009. Por esta razón, deseñaron un extenso programa de actividades destinado a presentar no país anfitrión o traballo das editoriais de maior proxección, así como o máis representativo da diversidade cultural de España.