Actividades

Entrega de premios ás mellores curtametraxes de “Nós tamén creamos!” (curso 2012-2013)

14/11/2013
Entrega dos premios ás mellores curtametraxes de animación en galego da II Edición da campaña “Nós tamén creamos!" (curso 2012-2013), impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, OQO editora e a TVG.
 
 
O acto terá lugar mañá, ás 11 horas, no Museo Pedagóxico de Galicia-MUPEGA (San Lázaro-Santiago de Compostela). Na cerimonia participarán os rapaces e mestres do CEIP Víctor López Seoane, da Coruña, colexio gañador do Premio da Modalidade de Educación Infantil coa curta “A escaleira”; os do CEIP A Lama, centro galardoado na Modalidade de Primeiro Ciclo de Primaria, tamén coa adaptación audiovisual deste conto de OQO; e os do CEIP de Merza (Vila de Cruces) e CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño), gañadores 'ex aequo' na categoría de Segundo Ciclo de Primaria, coas curtas “Troco” e “Ernesto Bo Día”, respectivamente.
 
 
Asemade, e debido á alta calidade dos traballos presentados, o xurado tamén decidiu outorgar mencións especiais a catro colexios: CEIP Bergantiños, de Carballo; CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, de Ferrol; CPI Cabo da Area, de Laxe; e o CEE Vilagarcía de Arousa.