Os obradoiros de “Ollobrusco e o labirinto”

Os obradoiros de “Ollobrusco e o labirinto”

9/01/2013

Desexas coñecer a un ser fantástico e participar nunha divertida experiencia plástica-literaria? Os obradoiros de “Ollobrusco e o labirinto” volven á Casa de Lector (Madrid).

Os obradoiros de “Ollobrusco e o labirinto” volven á Casa del Lector (Madrid). Desexas coñecer a este ser fantástico e participar nunha divertida experiencia plástica-literaria? O reto creativo será mañá venres, día 11, e o sábado, día 12, de 11 a 12.30 horas e de 12.45 a 14.45 horas.

 

Casa del Lector, ambicioso proxecto multidisciplinar da Fundación Germán Sánchez- Ruipérez en Madrid, abre de novo as súas instalacións ao orixinal obradoiro plástico-literario de OQO: Ollobrusco e o labirinto.

 

A partir do álbum da editorial Ollobrusco  (Darabuc & Maurizio A. C. Quarello), OQO levará a cabo actividades creativas ao redor do concepto do camiño e da viaxe, coma un labirinto cheo de probas para chegar a un destino. Nenos e nenas participarán nesta experiencia plástica-literaria, que se executará nestas instalacións ata marzo.

 

OLLOBRUSCO E O LABIRINTO

Horario:
11.00 a 12.30 horas
12.45 a 14.15 horas
Datas:
11 de xaneiro de 2013
12 de xaneiro de 2013
Idade recomendada: 6 – 8 anos
Número máximo de participantes: 25
Tipo de actividade: para familias