Contos, cancións e talleres plásticos…

Contos, cancións e talleres plásticos…

7/02/2011

Contos, cancións e talleres plásticos permitiron a familias de A Estrada coñecer palabras novas en galego e noutros idiomas, ao tempo que estreitar lazos afectivos dun xeito divertido

O municipio pontevedrés de A Estrada acolleu o pasado venres, día 4, o obradoiro EU FALO ASÍ. Trátase dunha actividade en familia que reforza os lazos afectivos, permite gozar dun momento divertido, dá a posibilidade de acudir ao galego para enriquecer o vocabulario e, o máis importante, incorporalo á vida cotiá. Asemade, reforza o uso do galego no contexto afectivo, desenvolvendo as competencias oral e escrita.

Este taller ten a súa orixe na canción ‘Cri-cri’ de o libro CD A nena e o grilo. A partir deste tema as familias xogaron a identificar as distintas linguas da peza (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro…) e o seu idioma principal: o galego.

Neste obradoiro traballouse tamén co álbum O embigo de Xanecas da Colección O de OQO editora. Por este motivo, as familias participantes (con rapaces con idades de entre 3 e 5 anos) serán agasalladas con este libro.

Esta actividade gratuíta realizouse ás 18.00 horas e nela procurouse reforzar o uso do galego no contexto afectivo, desenvolvendo a competencia oral e escrita.

EU FALO ASÍ pon punto e final en A Estrada as actividades de ‘En clave de conto’, de OQO editora para a campaña Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa que o pasado sábado, 29 de xaneiro, celebrouse no Teatro Principal o concerto-espectáculo teatral A NENA E O GRILO, con máis de 200 asistentes.

A ESTRADA
OBRADOIRO 4 feb. 2011. 18 h
Biblioteca Municipal, avda. de Benito Vigo, 104
tel. 986 573 188