COLEXIOS DE CHANTADA (LUGO). Máis de 200 nenos e nenas na carpa iglú de ‘ContoQontigo’

COLEXIOS DE CHANTADA (LUGO). Máis de 200 nenos e nenas na carpa iglú de ‘ContoQontigo’

9/10/2009

Máis de 200 pequenos e pequenas de centros de ensino do rural de Chantada gozaron das 14 sesións que se desenvolveron esta semana na carpa iglú nos colexios:
CEIP Eloísa Rivadulla:
Martes 6 de outubro
12.00 horas: 20 nenos e nenas
15.00 horas: 20 nenos e nenas
16.00 horas: 17 nenos e nenas

Mércores 7 de outubro
11.30 horas: 17 nenos e nenas
12.30 horas: 14 nenos e nenas
15.00 horas: 14 nenos e nenas

CEIP Xoán de Requeixo
Xoves 8 de outubro
10.00 horas: 18 nenos e nenas
11.00 horas: 18 nenos e nenas
12.00 horas: 16 nenos e nenas
14.30 horas: 15 nenos e nenas

Venres 9 de outubro
10.00 horas: 14 nenos e nenas
11.00 horas: 14 nenos e nenas
12.00 horas: 13 nenos e nenas
14.30 horas: 13 nenos e nenas

Na anterior edición participaron nas actividades de ContoQontigo máis de 600 cativos de 15 concellos do rural lucense. Neste ano serán máis de 800 os que gocen da experiencia especial de viaxar polo continente africano da man do álbum Chocolata.

Nesta historia, creada pola autora sarriá Marisa Núñez (galardoada co Premio Internacional ESPACE ENFANTS 2007), unha hipopótama decide saír da súa lagoa e vivir novas experiencias na cidade, nunha viaxe na que aprenderá a valorar o seu contorno.

A Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura e Deporte, e OQO editora volven pór en marcha estas actividades por segundo ano consecutivo. Nestas sesións emprégase o conto como un vehículo de aproximación á interculturalidade e á creación artística, mediante o que desenvolver o espírito crítico nos nenos e nenas, e ofrecer os medios para aprender novas formas de mirar.

A Vicepresidencia Primeira da Deputación pretende así que todos os rapaces e rapazas que vivan en calquera concello de Lugo, por pequeno que sexa, poidan ter acceso ás mesmas actividades das que gozan os que viven nas vilas e cidades.

Nesta historia, creada pola autora sarriá Marisa Núñez (galardoada co Premio Internacional ESPACE ENFANTS 2007), unha hipopótama decide saír da súa lagoa e vivir novas experiencias na cidade, nunha viaxe na que aprenderá a valorar o seu contorno.