Protagonistas de OQO no Salón do Libro de Pontevedra

Protagonistas de OQO no Salón do Libro de Pontevedra

4/03/2012

‘As manoplas de Carapuchiña’ e ‘Jack e a Morte’, serán os álbumes protagonistas de OQO no Salón do Libro de Pontevedra

OQO editora volve estar, un ano máis, presente no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebra no Pazo de Cultura desde este domingo, día 4, ata o 31 de marzo.

E, de novo, faino en colaboración co Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra para ilustrar musicalmente un álbum. Tras o éxito das experiencias anteriores cos libros O cazador e a balea, e Paco Trolas, o 12+1 Salón Infantil e Xuvenil do Libro de Pontevedra acolle o espectáculo musical As manoplas de Carapuchiña, baseado no libro homónimo de Inés Almagro e Mikel Mardones.

Neste relato, OQO editora fai unha reinterpretación divertida e orixinal de Carapuchiña vermella. O espectáculo-musical para o Salón do Libro de Pontevedra está narrado e cantado por María Lado e Lucia Aldao e vai dirixido aos rapaces dos centros de ensino cos que están concertados dúas sesións.

Un conto de jazz: As manoplas de Carapuchiña (Inés Almagro & Mikel Mardones)
Pazo da Cultura de Pontevedra (Auditorio)
Mércores 22 e xoves 23 de marzo de 2012
18:30 horas • Espectáculo musical

A participación de OQO inclúe tamén a presentación da última novidade da Colección Q, Jack e a Morte, de Tim Bowley. Este acto terá lugar na Sala de exposicións o mártes 27 de marzo e contará co autor desta versión do conto tradicional británico A morte atrapada nunha noz.

Presentación do libro: Jack e a Morte (Tim Bowley & Natalie Pudalov)
Pazo da Cultura de Pontevedra (Sala de exposicións)
Martes 27 de marzo de 2012
19:30 horas