Asociación de Librarías Especializadas en Literatura Infantil e Xuvenil de Francia

Asociación de Librarías Especializadas en Literatura Infantil e Xuvenil de Francia

26/04/2012

“Un segredo do bosque”, recomendado pola Asociación de Librarías Especializadas en Literatura Infantil e Xuvenil de Francia

A Association des Librairies Spécilisées Jeunesse (Asociación de Librarías Especializadas en Literatura Infantil e Xuvenil) incluíu a edición en francés de Un segredo do bosque (« Un secret de la forêt ») entre as recomendacións que realiza con motivo da celebración da ‘Quinzaine des Librairies Sorcières’.

Este evento está organizado en colaboración cos editores e terá lugar do 19 de maio ao 3 de xuño.

Cada unha das 51 librarías especializadas elixe o libro que considera que mellor representa a calidade da creación artística e literaria no sector do libro infantil e xuvenil.

Un segredo do bosque (« Un secret de la forêt ») foi proposto pola libraría ‘Le Liseron de Colmar’.