Taller de pocións e transformacións / As pocións da bruxa

Taller de pocións e transformacións / As pocións da bruxa

Sen dúbida a casa de chocolate, a bruxa e os seus perversos propósitos son atractivos reclamos para atraer a atención dos nenos.

Nesta ocasión poremos especial interese no libro de pocións e esconxuros, que acompaña a toda bruxa.

A partir de ingredientes especiais e únicos que só existen nas despensas de magos e bruxas, as nenas e nenos crearán diferentes esconxuros e encantamentos que acompañarán con indicacións de uso; a súa composición, propiedades, como se usa, posibles efectos secundarios, etc.