As máquinas e os inventos exercen un poder de fascinación capaz de atraer o interese dos máis pequenos. Se ademais damos a posibilidade de contar con partes da maquinaria, como pezas e engrenaxes, combinadas con partes do corpo humano, e recorrendo á estética que imperaba a finais do século XIX, rasladarémonos a ese momento de inquietude científica, cando escritores de gran capacidade imaxinativa como Xulio Verne recreaban e inventaban os máis fabulosos artefactos. Presentando a posibilidade de crear todo un mundo de aparellos imaxinarios, dispositivos curiosos que nos permitan dar saltos de xigante, gardar recordos ou viaxar entre as nubes, entre outros.