O dedo máxico

O dedo máxico

“Un dedo é o que necesita un neno para facer que as cousas aparezan e desaparezan”

Este formato propón “achegar” historias a través da palabra escrita, a palabra narrada, a imaxe debuxada e a imaxe en movemento.

En definitiva, mediante a narrativa, a narración oral, a plástica e o cinema.

Propoñemos actividades deseñadas para traballar estes contidos, co obxectivo de que tanto docentes como escolares poidan:

– Estimular o uso das Novas Tecnoloxías en traballos en grupo.

– Integrar Novas Tecnoloxías e Humanismo.