Menores máis maiores

Menores máis maiores

Os nosos maiores son un pozo de sabedoría. Atesouran ao longo da vida coñecementos que transmiten ás xeracións posteriores coa tranquilidade que dá a experiencia. Pero o certo é que a experiencia non só é propiedade dos máis vellos, os nenos tamén gozan de bagaxe para levar a cabo actividades propias do seu tempo.

Coa intención de crear un espazo onde potenciar as relacións interxeracionais, vinculando tradición e novas tecnoloxías, puxemos a andar este proxecto que une a escola e os centros de maiores, reforzando a relación de grupo entre maiores e nenos, para crear e realizar unha película de animación a partir dun conto.

http://maiores.oqo.es/

  • imagen_menores_mayores_01
  • imagen_menores_mayores_02
  • imagen_menores_mayores_03
  • imagen_menores_mayores_04
  • imagen_menores_mayores_05
  • imagen_menores_mayores_06