Da tabula á tablet

Da tabula á tablet

Antes de existir o libro, as historias viaxaban a través da tradición oral, de boca en boca. Iniciaremos unha viaxe ao pasado desde os inicios da escritura, deténdonos nalgúns momentos concretos da historia: os xeroglíficos exipcios e o papiro, as representacións escritas en papel do Xapón ou da China, a biblioteca e Alexandría ou a escritura en Roma, a tabula cerata, e seguiremos a viaxe ata a invención da imprenta para acabar na actualidade, onde os libros convencionais  conviven con dispositivos electrónicos como o e-book ou a tablet.

Unha vez finalizado o periplo, os participantes no taller experimentan a sensación de crear a escritura lembrando a base de escritura cuneiforme en barro, a escritura en Roma con tabulas ceratas e stylos ou ben a escrita medieval por medio de canas, tinta e papiro.

  • imagen_tabula_tablet_01
  • imagen_tabula_tablet_02
  • imagen_tabula_tablet_03
  • imagen_tabula_tablet_04
  • imagen_tabula_tablet_05
  • imagen_tabula_tablet_06