Contos en movemento

Contos en movemento

Contos e cinema danse a man para presentar “Contos en movemento”, unha proposta de traballo co obxectivo de animar a empregar os medios audiovisuais / cinema nas aulas e realizar un achegamento a esta arte na súa máis ampla expresión.

Os participantes ao taller adquirirán criterios e coñecementos para identificar planos, secuencias, a estrutura ou reparar no universo narrativo, plástico e sonoro do filme.