Antes de existir o libro, as historias viaxaban a través da tradición oral, de boca en boca. Iniciaremos unha viaxe ao pasado desde os inicios da escritura, deténdonos nalgúns momentos concretos da historia: os xeroglíficos exipcios e o papiro, as representacións escritas en papel do Xapón ou da China, a biblioteca e Alexandría ou a escritura en Roma, a tabula cerata, e seguiremos a viaxe ata a invención da imprenta para acabar na actualidade, onde os libros convencionais conviven con dispositivos electrónicos como o e-book ou a tablet. Unha vez […]