Biblioteca Dixital

Os contos de OQO toman unha nova dimensión e agora NÁRRANSE, ILÚSTRANSE e ANÍMANSE.

A nosa APP

Traballa cos teus contos favoritos de OQO na tablet: grava ti mesmo a narración de Chocolata, Lobo Feroz ou Tres Desexos; debuxa escenarios novos, inventa historietas en cómic…

Todo un mundo de posibilidades para traballar as habilidades lectorescritoras do neno coas novas tecnoloxías.

Cómo adquirir OQO Dixital

Descárgate a aplicación OQO Dixital

Para conseguir os teus álbumes de OQO Dixital

CONTACTA CON NOSOTROSVídeo demostrativo

Existe un acordo xeneralizado en que un obxectivo clave para conseguir sociedades avanzadas e desenvolvidas é o desenvolvemento de habilidades lectoescritoras no neno.

No s.XXI esa habilidade apréndese e desenvólvese non só con linguaxe de palabras (orais e/ou escritas), senón tamén con linguaxe de imaxes e en linguaxe tecnolóxica.

Presentámosche a nosa APP

A continuación presentámosche as actividades que poderás atopar na APP de OQO Dixital:

e – ALBUM ILUSTRADO DIXITAL

Pon a túa propia voz aos personaxes de cada conto. Coa opción grabar audio poderás personalizar a historia:

  • Escolle tantas voces como personaxes teña a historia
  • Xoga coas entonacións
  • Engade efectos de son
  • Adiviña escenas do conto mediante pistas: a protagonista leva… e fala con…

Gravar e escoitar as voces e sons propios axuda os nenos a desenvolver a discriminación auditiva, a practicar entoación e expresión verbal e a expandir as posibilidades de interpretación do conto.

icono libro

FILME

Unha curta de animación inspirada en cada historia do álbum ilustrado dixital con subtítulos dispoñibles en varios idiomas.

Propostas didácticas:

  • Adiviña que pasa nunha escena a partir dunha imaxe (fotograma)
  • Apaga o audio para inventar novos textos
  • Traballo en idiomas: combina a narración da película con subtítulos noutros idiomas.

Ademais cada película inclúe unha unidade didáctica.

PINTAR

Enche a galería de imaxes coas túas creacións. Pinta e colorea escenas con pinceis de distintas cores e grosores. Poderás incorporar personaxes, obxectos e escenas de cada conto.

Proposta didáctica:

  • Crea escenas relacionadas coa historia e realiza combinacións coa túa proposta e a orixinal
  • Crea paisaxes fantásticas para cada conto a partir dun só recorte e a túa imaxinación

e – ANIMO

Crea as túas propias escenas e ambientacións de cada conto. Poderás seleccionar decorado, personaxes e outros elementos do conto, engadirlles accións e voces… total liberdade á túa creatividade.

Proposta didáctica:

  • Crea o teu propio escenario: selecciona un decorado, obxectos e personaxes e establece diálogos entre eles.
  • Move os recortes e dálles movemento, poderás acompañar a animación con música
  • Inventa novos diálogos, textos e crea unha nova h istoria

e – COMIC

E se convertemos o conto nun cómic? Selecciona imaxes e recursos das curtas, as túas propias animacións e convérteos nunha historieta. Poderás engadir bocadillos, textos, reordenar as viñetas…

Proposta didáctica:

  • Inventa tiras gráficas a partir de títulos suxestivos: O caso do pastel que ninguén quería…
  • Usa onomatopeas para representar sons
  • Plantexa a hitoria dede outro punto de vista: Que teñen en común unha porta, unha caixa de galletas e un coxín? ou continúaa como queiras desde unha escena
  • Se desenvolvemos esta proposta con alumnos dun Ciclo Superior de Imaxe, podemos traballar e enriquecer as viñetas desde distintos planos: xeneral, detalle, medio…

OS XOGOS

Xogos adaptados a distintas idades para estimular o desenvolvemento coginitivo, reforzar a asimilación de conceptos e a súa correcta organización, mellorar a capacidade de concentración, exercitar o pensamento lóxico…

Xogos de memoria
Potencia a retentiva interactuando cos elementos. Son xogos que estimulan a concentración e a constancia, buscando a satisfacción por un traballo ben feito.

Recoñece siluetas e completa quebracabezas
Estimulan a atención xa que expoñen a asimilación de conceptos e a súa correcta organización. Esta aprendizaxe supón un estímulo externo que beneficia a capacidade de aprender, a memoria visual e a motricidad fina.

Secuencias temporais e sudoku
Estimulan o razoamento lóxico a través da observación, a atención visual e a autoavaliación instantánea. Axudan a desenvolver a intelixencia matemática para tomar decisións ou resolver problemas.

OQO

Un espazo de creación para propostas innovadoras que convidan a gustar, pensar e soñar con voces, imaxes e palabra