Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Coleccións | Colección O | Un can e un gato

Menú de Usuario

 
 


Colección O  







Un can e un gato

Paula Carbonell & Chené Gómez
13,50 € | 978-84-9871-545-3
36 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
abril 2017 2ª edición

Un can e un gato coñecéronse.
O gato dixo: Miau! O can dixo: Guau!
Pero non se entenderon.
 
Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar.Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, secrecións glandulares, mudanzas de humor…
 
Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.
 
Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e converten o mal humor en optimismo.
 
A autora, Paula Carbonell, con dúas obras anteriores en OQO editora (A viaxe das bolboretas e Buscando o Norte), escribe sobre o texto, “Un can e un gato: como un pai e un fillo, como dous irmáns, como unha parella, como os avós, coma ti e coma min”. As ilustracións foron realizadas en colaxe, técnica habitual nos traballos de Chené Gómez con OQO editora (Loboferoz, A viaxe das bolboretas). A particularidade deste álbum está en que os recortes utilizados foron previamente elaborados con lapis e ceras co fin de crear diferentes texturas ricas en cor. Os fondos limpos, brancos e neutros realzan a explosión de cores e formas, xa sexa nos elementos ou nos propios personaxes.
 
A riqueza cromática creada a través destas texturas permitiu ao ilustrador crear un ambiente “alegre e desenfadado”. Para o artista, os brotes de cor intentan sumir o lector nos estados de ánimo dos personaxes: o gato monta en “cólera vermella” cando é atrapado polo can; a frescura do azul invítanos a correr xogando cos dous personaxes; o campo convértese nun arco iris cando os dous amigos se reconcilian; o soño de ambos os dous faise cálido nun contexto de amarelos etc.
 
Chene concibiu o gato en tons cálidos e o can en cores frías para potenciar a súa distinta natureza. Esta diferenza acentúase na portada do libro, onde os dous personaxes se atopan separados por un abismo, aínda que se achegan con curiosidade. Nas gardas, cada un deles vive no seu mundo solitario antes de coñecer o outro.
 
A composición e a disposición de elementos nas ilustracións, ademais de crear un ambiente envolvente e acolledor, supón unha chispa creativa e orixinal que completa a intención de dinamismo e se adapta perfectamente ao espírito do texto. Unha proposta orixinal pola súa intención estética, para gozar e emocionarse a partir dos tres anos.
 
 
Texto de Paula Carbonell
Ilustracións de Chené Gómez
 
 

+ de 3 años
Tamén dispoñible en: ES |
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos